jueves, 27 de mayo de 2010

Presentación

Despois da experiencia do ano pasado, o clube Athlos e a Delegación de Ourense da Federación Galega de Bádminton, están rematando xa os preparativos para o segundo Clinic en Porto do Son, que se celebrará do 20 ó 22 de agosto. O obxectivo é a tecnificación dos máis cativos. Para elo nesta edición apostamos forte para que traballedes cuns técnicos de primeiro nivel. Ademáis de bádminton, queremos ofertar tamén diversión e convivencia nun entorno natural de grande beleza. Haberá actividades complementarias que serán do voso agrado. Pero esta non é somente unha actividade para os máis pequenos. Os veteráns tamén son, un ano máis, protagonistas. Eles traballarán baixo a dirección dos mesmos adestradores, cun programa de perfeccionamento.
Os que queirades participar nesta actividade, podedes facer xa a vosa inscrición. Pensade que as prazas son limitads.
Vémonos en Porto do Son

Staff Técnico

Mario Carulla:
Bronce no Mundial Sénior 2009
Campión de Europa Sénior 2008
Campión de España Sénior 2007 - 2010
Campión Panamericano
Olímpico en Atlanta 1.996
Adestrador FESBA

Olalla Fernández
Licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte
Monitora Nacional de Bádminton
Directora de Tempo Libre

Breixo Regueira
Director Técnico da Sociedade Deportiva Lalín
Alumno da European Bádminton Unión (EBU)
Campión da Liga Nacional de Clubes co C.B.Estradense

Mario González
Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte
Adestrador Nacional de Atletismo
Monitor de Tempo Libre