Despois da experiencia do ano pasado, o clube Athlos e a Delegación de Ourense da Federación Galega de Bádminton, están rematando xa os preparativos para o segundo Clinic en Porto do Son, que se celebrará do 20 ó 22 de agosto. O obxectivo é a tecnificación dos máis cativos. Para elo nesta edición apostamos forte para que traballedes cuns técnicos de primeiro nivel. Ademáis de bádminton, queremos ofertar tamén diversión e convivencia nun entorno natural de grande beleza. Haberá actividades complementarias que serán do voso agrado. Pero esta non é somente unha actividade para os máis pequenos. Os veteráns tamén son, un ano máis, protagonistas. Eles traballarán baixo a dirección dos mesmos adestradores, cun programa de perfeccionamento.
Os que queirades participar nesta actividade, podedes facer xa a vosa inscrición. Pensade que as prazas son limitads.
Vémonos en Porto do Son