jueves, 19 de agosto de 2010

Presentación do Clinic no cámping de Cabeiro

Xoán León e Nuria Fernández, no acto de presentación

O cámping de Cabeiro foi o escenario elexido para o acto de presentación do II Clinic Concello de Porto do Son. Os encargados de achegar a información os medios foron o concelleiro de deportes do Son, Xoán León, e a secretaria do Athlos, Nuria Fernández.

Nuria destacou a excelente resposta que tivo a iniciativa, cunha participación de 56 deportistas chegados dende A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Lalín, A Estrada, Alicante, Vitoria, Pamplona, León, Gijón, Alicante, Cangas do Morrazo. Agradeceu o apoio do Concello de Porto do Son, da Federación Galega de Bádminton, e de todas as persoas i entidades que apoiaron esta iniciativa.

Grande impacto económico na zona

Pola súa banda, Xoán León significou que o clinic "segue a liña de promoción do deporte no Son. No clinic participan catro xóvenes da zona, i esperamos que no vindeiro ano sexan máis, pois eso significará que as escolas funcionan cada vez mellor".

León non esquenceu destacar "o grande impacto económico que esta actividade tén na zona. Estamos a falar de 170 prazas hoteleiras en tres días. Sen esquencer a promoción turística que facemos do noso concello entre familias foráneas".

Para rematar, León e Fernández desexaron a todos os participantes unha boa estancia no Son "que disfruten do bádminton e dos atractivos turísticos e gastronómicos que ofrece o este concello".